Das máis de 10.000 especies de aves que hai no mundo,
	este libro recolle 80: dende o pingüín ao colibrí, da anduriña
	ao merlo, da curuxa ao pelícano...
	Ademais dun pequeno vocabulario ilustrado sobre a súa morfoloxía, descríbese a plumaxe de cada especie, peculiaridades
	da súa alimentación, ou curiosidades sobre os seus hábitos
	de apareamento, entre outros detalles sorprendentes, como o chío que fan ao cantar. Tamén se achegan datos como o tamaño
	e a envergadura media de cada ave para comparalas entre si.